CRITERIOS DE OBSERVACIÓN | MOI MAL | MAL | REGULAR | BEN | MOI BEN | |
Realizouse a análise e a distribución de recursos para a súa optimización, posibilitando a máxima participación e a consecución dos obxectivos programados. | ||||||
Deseñáronse protocolos de coordinación para a actuación de todo o persoal técnico, profesional e animador. Asignándose as tarefas e as responsabilidades, co fin de resolver calquera continxencia que puidese presentarse na actividade. | ||||||
Utilizáronse técnicas, recursos e habilidades de comunicación eficaces e motivadores, ao inicio, durante o desenvolvemento e ao final da actividade, orientados á implicación e á participación para manter o interese pola actividade. | ||||||
Transmitiuse información completa, clara, precisa e adaptada ás características das persoas participantes, sobre o uso e a conservación da instalación, o espazo, os recursos materiais e a indumentaria, para garantir a seguridade e a satisfacción cos xogos. | ||||||
Demostrouse a realización das tarefas motrices, resaltando os seus aspectos salientables, anticipando posibles erros de execución e utilizando diferentes canles de información para asegurar a comprensión das indicacións. | ||||||
Expresouse verbalmente e corporalmente de xeito desinhibido na realización das tarefas motrices para estimular a máxima comprensión e participación. | ||||||
Corrixíronse in situ e de xeito adecuado os erros de execución detectados. | ||||||
Empregáronse estratexias asertivas de control e recondución das condutas que perturban o desenvolvemento da actividade. | ||||||
Ocupouse o lugar apropiado para manter unha comunicación eficaz e o control das persoas participantes. | ||||||
Realizouse a presentación e a despedida, utilizando as estratexias de comunicación adecuadas ás características do público asistente, incentivando o seu interese e estimulando a súa atención. | ||||||
Utilizáronse os equipamentos e os materiais necesarios seguindo criterios de máxima rendibilidade e durabilidade. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario