martes, 3 de noviembre de 2020

Ficha Observación

 


CRITERIOS DE

AVALIACIÓN

BIEN

(10 PUNTOS)

REGULAR

(5 PUNTOS)

MAL

(0 PUNTOS)

Realizouse a análise e a distribución de recursos para a súa optimización, posibilitando a máxima participación e a consecución dos obxectivos programados.

 




Deseñáronse protocolos de coordinación para a actuación de todo o persoal técnico, profesional e animador, concretándose e asignándose as tarefas e as responsabilidades, co fin de resolver calquera continxencia que puidese presentarse no desenvolvemento da actividade.




Utilizáronse técnicas, recursos e habilidades de comunicación eficaces e motivadores, ao inicio, durante o desenvolvemento e ao final da actividade, orientados á implicación, á participación e á permanencia, así como estratexias para manter o interese pola actividade.




Transmitiuse información completa, clara, precisa e adaptada ás características das persoas participantes, sobre o uso e a conservación da instalación, o espazo, os recursos materiais e a indumentaria, para garantir a seguridade e a satisfacción cos xogos, os eventos e as actividades físico-deportivas e recreativas, e para propiciar a confianza das

persoas participantes desde o primeiro momento.




Demostrouse a realización das tarefas motrices, resaltando os seus aspectos salientables, anticipando posibles erros de execución e utilizando diferentes canles de información para asegurar a comprensión das indicacións.




Interpretouse e expresouse verbalmente e corporalmente de xeito desinhibido na realización das tarefas motrices para estimular a máxima comprensión e participación.

 




 

Corrixíronse in situ e de xeito adecuado os erros de execución detectados, intervindo sobre as súas posibles causas.




Empregáronse estratexias asertivas de control e recondución das condutas que perturban o desenvolvemento da actividade e o clima relacional, en función da súa gravidade ou a súa perigosidade.




Ocupouse o lugar apropiado para manter unha comunicación eficaz e o control das persoas participantes, e para se anticipar ás continxencias.




Realizouse a presentación e a despedida da velada ou o espectáculo, utilizando as estratexias de comunicación adecuadas ás características do público asistente, incentivando o seu interese e estimulando a súa atención.




Corrixíronse in situ e de xeito adecuado os erros de execución na realización das actividades.

 





Utilizáronse os equipamentos e os materiais necesarios seguindo criterios de máxima rendibilidade e durabilidade.






A puntuación obtenida multiplicaráse por 10 e dividiráse entre 120, para obter a nota sobre 10 da sesión

No hay comentarios:

Publicar un comentario