La vida es bella
La vida es bella é unha película ambientada na etapa final da 2ª Guerra Mundial na cal se mostra a represión exercida polos nazis sobre os xudíos.
O protagonista da película é un home xudío de uns 30 anos que se enamora dunha muller italiana, ca cal ten un fillo. O protagonista caracterízase por ser unha persoa moi positiva a cal, a pesar de comezar a sufrir certa discriminación (pintadas no seu negocio, prohibición de entrada a certos establecemento, etc.) segue coa súa vida con alegría ata que un día son enviados él e a súa familia a un campo de concentración.
A pesar disto, o protagonista, para tratar de manter entretido e feliz ao seu fillo de 7 anos, faille creer que están xogando a un xogo para conseguir un tanque blindado. Este xogo fai que o neno se manteña alleo as pésimas condicións nas que vive xa que o seu afán competitivo manteno inmerso no xogo. O pai, diseña un xogo cooperativo co cal a través dun sistema de puntos a parella que primeiro alcance os 1000 puntos gañará, esto fai que Giosuè (seu fillo) se manteña entretido ao longo de toda a súa instancia no campo xa que Guido (o pai) regula os puntos que levan ao seu antoxo para centrar a atención de Giosuè. A través do xogo o pai tamén oculta certos acontecementos traumáticos ao seu fillo como a morte dos nenos (dille que foron vistos e que polo tanto estan eliminados do xogo).
Por outro lado tamén podemos ver que Giosuè a pesar de creerse o xogo hai algunhas veces no transcurso da película que pon en dúbida dito xogo querendo nunha destas ocasións abandoar (aínda que finalmente o pai consegue disipar a ansia do rapaz por renderse), esto demostra que o xogo é libre e que pode xogar quen queira.
Tamén podemos ver como a través do xogo Guido evita que o rapaz teña medo, factor moi importante xa que se o tivera non podría descansar o suficiente como para estar atento a algún tipo de situación que lle requira estar áxil (como cando ten que esperar a non oír ningún ruído para saír do seu escondite).
En resumo, Guido deseña este xogo para entreter o seu fillo e para que sobreviva xa que grazas ao mesmo logra finalmente salvar a vida de seu fillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario