martes, 16 de marzo de 2021

 Persoalmente considero que o factor tempo supuxo un grave problema a ter en conta, as horas de rodaxe foron moi limitadas e a voluntariedade dun dos membros para realizar a edición fixo posible que se cumprise o prazo. 

É a primeira vez que os integrantes do meu grupo realizan unha curtametraxe, e dado que os prazos se cumpriron de entrega se cumpriron ben e o resultado final do corto está presente, non considero que se trate dun mal traballo, evidentemente creo que hai cousas que se deben pulir, principalmente creo que á hora de actuar en moitas ocasións interpretamos o papel de forma pouco expresiva e pouco natural, e tamén se deben mellorar aspectos como o guión, o cal presenta en moitas ocasións demasiado formais que son difíciles de interpretar dada a composición do mesmo.

Sabendo estes aspectos, e como xa se comentou, é a primeira vez que calquera dos membros que conforman o grupo realiza unha curta, e dadas as condicións de axuste de tempo, consideroo un bon traballo, levado a cabo cunha boa cooperatividade en todo momento e unha boa organización dende o inicio do mesmo.

Cada persoa soupo asumir o seu rol e desempeñalo dunha forma correcta polo que por esa parte os obxectivos están cumpridos. Non se deu ningún problema de voluntariedade nin por falta de traballo, o cal é unha perfecta base para o desempeño do traballo.

Sempre se poden pulir cousas pero é un bo traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario