martes, 16 de marzo de 2021

Coclusión individual

         Desde o meu punto de vista, a participación de todos os compoñentes do equipo foi equitativa, algúns participaron máis nas escenas e outros menos, pero tiveron outras tarefas como a grabación, a edición... 

            Non foi tan fácil como esperabamos, xa que pese a ter o guión feito e disposto desde o primeiro día tivemos que facer algunhas variacións dos diálogos, para min foi bastante complicado meterme no papel e bueno, perder o medo a falar diante da cámara posto que estaba moi nervioso. 

            Penso que todos cooperamos polo que disfrutamos grabando as esceas e foi unha actividade divertida. Houbo aspectos que cando pensamos a idea do curtometraxe parecíannos moi fáciles de entender, como por exemplo na úlitma escea, cando deixamos en suspense o comportamento de Mina. Habería que refacer o guión para explicar con máis claridade a que nos estabamos a referir. 

            En canto ao montaxe, era a primeira vez que editabamos algo calquera de nós, decidimos poñer subtítulos xa que a calidade de audio non era a óptima (para a próxima utilizaremos micros durante as conversacións). A música do final podía axustarse máis ao nivel de sonido da curtometraxe e o desenvolvemento das transicións debería ser un pouco máis rápido posto que se vía un pouco lento para o meu gusto.

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario